Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausuradas as actividades de verán do Museo do Mar de San Cibrao, nas que participaron 430 nenxs

Cervo, 30 de agosto de 2023. O deputado Daniel García participou na xornada de clausura das actividades de verán organizadas polo Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, e nas que participaron máis de 430 nenas e nenos entre os 4 e os 14 anos nos dous últimos meses.

Neste periodo, o museo provincial ofreceu 16 obradoiros e actividades didácticas ao redor do patrimonio do museo e da cultura mariñeira, así como talleres creativos nos que a rapazada creou un mural con materiais de refugallo co artista Martín Lestao. As actividades desenvolvéronse martes e xoves, con nenas e nenas do concello e da comarca, e tamén visitantes, que a través destas actividades se achegaron ás pezas conservadas no museo cervense, que forma parte da Rede Museística Provincial.

Daniel García valorou a labor desenvolvida polo Museo do Mar de San Cibrao onde, destacou, se compatibilizan as funcións de estudo, conservación e exposición do patrimonio, coa divulgación e a apertura á comunidade, tanto durante o verán como o resto do ano, contando especialmente cos máis pequenas e pequenos e coas persoas de máis idade”

Durante a xornada, proxectouse un capitulo da webserie documental Ronsel de Futuro, un proxecto da Rede Museística Provincial que amplía a difusión do patrimonio dos museos provinciais e das persoas que forman parte das súas comunidades, dirixido por Rubén Pérez Pombo e Braian Rodríguez Cortiñas. En San Cibrao, estreouse “As mulleres do mar” no que participan as mulleres que son parte do Club Senior.

Exit mobile version