O xogador brasileiro de 22 anos será o segundo porteiro do equipo laranxa, un xove con moita proxeción de futuro
O presidente do club mariñán, Manuel Blanco, sabe que é un xogador con proxección e que vai aportar e aprender moito a este club, “Un porteiro moi novo, con gran proxección de futuro, na liña de todas as nosas fichaxes desta tempada, que van axudar ao equipo para ser cada vez máis competitivo. Con bo xogo cos pés, do mesmo xeito que o noso Michal que vai ser un moi bo mestre para o novo porteiro, seguro que medra moito durante este ano”.
Mika séntese afortunado de poder vir a Burela, “Cando o meu xerente se puxo en contacto comigo, falando do club, aceptei nese momento, pola historia que ten Pescados Rubén Burela FS no fútbol sala español”. Sobre as súas aportacións e aprendizaxe no equipo, “Estou seguro de que darei o mellor de min para o equipo, para medrar xuntos esta tempada, como persoa e como club” Os seus obxectivos, “O meu principal obxectivo no club é poder volver á primeira división que é onde este club merece estar”. Unha mensaxe á Familia Laranxa “Os afeccionados poden estar seguros de que non faltará a vontade, a garra e moita alegría, conto con todos os afeccionados para apoiarnos ata o final”