Ademais da carreira de adultos, estableceranse percorridos adaptados tamén aos pequenos, dende Pitufos Sub 8 ata Cadetes
Cervo, 23 de agosto de 2023. O Concello de Cervo será o escenario da I Carreira Popular Sanci KM, o mércores 30 de setembro, a partir das 19:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Cibrao, onde se situará a saída e a meta do evento.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, e por unha representación das bases de esta entidade deportiva, que organiza o evento coa colaboración da Administración local.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 27 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2590/, e ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a categoría Pitufos Sub 8 ata Cadetes.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías, obsequios para os mellores clasificados locais, e os 150 primeiros inscritos na carreira de adultos recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.