Os festexos arrincarán o próximo luns coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Fuego e da Discomóbil Conxuro
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, e por unha representación da Comunidade de Montes A Bidueira e da A.C. Rego Cachón que organiza as Festas Patronais.
Os festexos arrincarán o luns 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Fuego e da Discomóbil Conxuro.
Xa o martes 15 de agosto, ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da Orquestra Tokio que repetirá na verbena á noitiña xunto á actuación tamén de Aixa Romay (La Voz).
O mércores, 16 de agosto, a misa solemne será ás 12:00 horas, e tamén estará cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. De seguido haberá sesión vermú prolongada da man do grupo Zona Cero, que repetirá na verbena da noite.
Xa o sábado 19 de agosto, terá lugar a XLIII Queimada Popular de Cervo que contará con Mercado Tradicional xa desde pola mañá.
O Concello anima a veciños e visitantes a gozar destas Festas que reúnen cada ano a veciños, amigos e familia nunha contorna única como é o núcleo de Cervo.