O ala-peche brasileña volve ao Pescados Rubén Burela FS “con máis gañas, ilusión e alegría”
Tras o acordo, Manuel Blanco confía plenamente nesta segunda incorporación, “Outra gran xogadora, que sabemos como é futbolísticamente, volve ao equipo despois de estar un ano fóra e moi contentos de contar outra vez con ela. Sabemos que tanto en ataque coma en defensa aporta moitísimo ao club, veteranía e experiencia. É unha xogadora de gran calidade.”
A xogadora internacional no seu país chega a Burela con máis ganas, ilusión e alegría, “Burela foi o club que me abriu as portas en España e téñolle un agarimo enorme. Ademais xa coñezo o club e como traballan, tiña moitas ganas de volver.” Sobre o que espera achegar e levar do equipo “É un equipo moi competitivo e que nos esixe moito, para unha deportista é algo moi bo. O nivel é moi alto e axuda a crecer, eu espero axudar da mellor maneira”. Sobre os seus obxectivos para esta próxima tempada, “Volvo a un club grande e espero axudar ao equipo para seguir facendo Historia, darei o mellor de min para seguir logrando os obxectivos”. Unha mensaxe á Familia Laranxa, “Á afección estoulle moi agradecida por todo o agarimo que me mostraron e espero darlles moitas alegrías. Un abrazo a todos e vémonos en breves Com máis ganas, ilusión e alegría”.