Este tipo de accións realizadas por voluntarios coinciden nos seus obxectivos coas que fai o sector da pesca e o marisqueo co respaldo do Plan Marlimpo da Xunta de Galicia, que entre os anos 2020 e 2022 permitiron a retirada de 235 toneladas de residuos mariños. No marco de 23 proxectos que recibiron axudas por un importe total de máis de 1,2 M €, realizáronse 198 limpezas activas nas que participaron 680 profesionais do marisqueo e dez embarcacións. Os plásticos e vidro/cerámica representaron máis da metade do lixo recollido.