O Vicedo, 7 de agosto, 2023. Esta semana dende o concello propoñen sendeirismo e figuras de area. Despois das festas patronais comeza unha forte semana de agosto con 2 actividades moi diferentes. O mércores de natureza desta semana é unha ruta de sendeirismo polo veciño concello de Mañón, cunha ruta de 14 km polo antigo Camiño dos arrieiros. Nesta ocasión farase un tramo entre O Barqueiro e Mañón, ascendendo pola serra ata chegar á Feira de Mañón. O punto de encontro será a praza do Mesón, diante do consistorio de Mañón, no Barqueiro, ás 10h. Anotacións no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org
E o venres ás 16:30h, o tradicional concurso de figuras de area, que este ano se fará na praia de Abrela. haberá 4 categorías, desde os máis pequenos ata os adultos para pasar un par de horas moi divertidas. Anotacións na propia praia de Abrela a partir das 16:15h.