Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta publica no DOG a encomenda a Tragsa da demolición dun azud no río Landro, en Ourol

Coa eliminación deste obstáculo para o remonte dos peixes río arriba, contribuirase á recuperación do hábitat fluvial e eliminar riscos de inundacións

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023. A Xunta, a través de Augas de Galicia, publica no Diario Oficial de Galicia (DOG), a formalización do encargo á Empresa de Transformación Agraria (Tragsa) da execución da demolición dun azud no río Landro, en Ourol.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230830/AnuncioO143-090823-0001_gl.html

Os traballos, cun investimento de preto de 65.000€, consistirán en retirar unha represa que inicialmente estaba asociada a un muíño fariñeiro agora en desuso e que xa non cumpre a función para a que foi concibida.

O obxectivo é eliminar o obstáculo que supón o azud para o remonte dos peixes río arriba, contribuíndo á recuperación do hábitat fluvial e á restauración hidromorfolóxica neste tramo, ademais de eliminar riscos de inundación.

De xeito máis concreto, o proxecto prevé a demolición de todo o corpo do azud -duns 15,5 metros de lonxitude – de maneira manual desde a marxe dereita e a extracción dos residuos xerados na demolición para a súa retirada por parte dun xestor autorizado.

Unha vez rematadas as actuacións, procederase á reposición da vexetación afectada polo acceso dos vehículos de obra ao lugar de traballo.

Exit mobile version