Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta promociona no Vicedo o consumo dos produtos do mar cunha ‘foodtruck’ da campaña ‘Galicia sabe Amar’

O Vicedo, 18 de agosto de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe no Vicedo a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR para animar ao conxunto da cidadanía a consumir peixes e mariscos para ter unha vida máis saudable. Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos do mar e poñer en valor o traballo que realizan os milleiros de profesionais da comunidade que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.

As catro furgonetas da campaña están de volta en Galicia tras realizar outras tantas rutas do Camiño de Santiago por toda España nas que visitaron múltiples localidades ofrecendo degustacións de produtos do mar. As foodtrucks ofrecen ás persoas que se achegan a elas distintos petiscos elaborados a partir de produtos certificados do mar de Galicia como o Berberecho de Noia, o Mexillón de Galicia, o bonito do norte ou os peixes e mariscos amparados polo selo de calidade pescadeRías.

Exit mobile version