A viaxe, cunha duración estimada de 20 minutos, contará con paradas na Praza de Lugo, Verxeles, Valdeflores, Magazos, Río Pedroso, Landrove, Muíño, Infanta e Naseiro
Os usuarios disporán de rutas de ida e volta entre Viveiro, desde a Praza de Lugo, ata as inmediacións das celebracións do Naseiro.
As expedicións de autobús funcionarán cada hora ao longo dos días da festa. Para a volta, dende Naseiro ata Viveiro, os viaxeiros tamén disporán de servizos cada hora nas madrugadas do sábado 25 ao mércores 30.
Así, a viaxe, cunha duración estimada de 20 minutos, contará coas seguintes paradas: Praza de Lugo, Verxeles, Valdeflores, Magazos, Río Pedroso, Landrove, Muíño (San Pedro), Infanta e Naseiro.
A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, busca facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.
Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.
Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.