Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia patrocina a Copa Deputación de Fútbol Sala, que disputarán 39 equipos

Deportes destina 20.000 euros a premios para os equipos que participan no torneo

Lugo, 18 de agosto de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a IV Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 39 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

O sorteo dos emparellamentos celebrouse este xoves no Pazo de San Marcos , coa presenza de representantes da Federación Galega de Fútbol – Manuel Castro, delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo e Iván Pico, responsable de fútbol sala da Federación Galega de Fútbol en Lugo e dos clubs participantes.

A área de Deportes financia a Copa, cunha achega de 20.000 euros que se distribúe entre os equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 190 e 345 euros), ademais de premiar aos equipos campións (entre 510 e 745 euros) e subcampións (260 e 390 euros) de cada categoría.

O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e sinalou “que a Deputación de Lugo é a única entidade provincial que financia este tipo de competición, pola tradición e o alto nivel competitivo do fútbol sala na provincia, que queremos seguir impulsando”.

Preferente e Primeira División Feminina

Equipos participantes (8 equipos)
Ribeira Lieders FS, Grupo Forma-T Vilalba FS, UD Pastoricense, Taboada Feminino, Praias de Barreiros, Concello de Begonte, SD Castroverde, Burela FS B

3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina

Equipos participantes (12)
Ribeira FS, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CB, Concello de Begonte FS, Covirán Quiroga FS, Os Meigallos FS, Club Deportivos Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala Automóbiles Losada B

Primeira e Segunda División Masculina

Equipos participantes (19)
CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, Ribeira FS B, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concellos de Begonte FS B, Yocreapptive Sala, Luisitalia, SDCX Atl. San Antonio, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, FSF Castro

Exit mobile version