Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia impulsa unha nova edición do Volante Deputación, o 16 e 17 de setembro no circuíto da Pastoriza

O programa ofrece 160 prazas e premia á persoa gañadora coa participación no Rally San Froilán

Lugo, 31 de agosto de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición do Volante Deputación, un programa deportivo e formativo que ofrece a pilotos noveis a oportunidade de iniciarse na competición automobilística.

O deputado de Deportes Efrén Castro e o director de PTC Escuela Antonio Solórzano presentaron este mediodía o evento que se celebrará os días 16 e 17 de setembro no circuíto da Pastoriza.

O programa, con 160 prazas, mantén o formato das edicións anteriores, cunha parte formativa na que as persoas participantes reciben un curso de condución para igualar e equilibrar os coñecementos entre uns e outros, e outra puramente competitiva, cunha proba cronometrada da que sae o vencedor do Volante Deputación de Lugo, que recibe como premio a participación como piloto titular no Rally San Froilán 2023, dentro da estrutura do equipo de competición PTC.

Efrén Castro subliñou “a posibilidade que o Volante Deputación ofrece a pilotos noveis para formarse e entrar en contacto coa competición de forma gratuíta, alimentando desde a base a afección ao automobilismo que ten moito arraigo nas distintas comarcas”

“Vemos, nas distintas carreiras que se celebran ao longo do ano, que os rapaces que gañaron nos últimos anos o Volante Deputación seguen participando nos rallys, o que constata tamén que hai un interese e un aproveitamento desa experiencia”, engadiu.

O Volante Deputacíon é un dos piares do apoio da Vicepresidencia da Deputación se presta a este deporte. Engádese unha convocatoria de axudas específicas para pilotos de rally que na última convocatoria, en 2022, beneficiou a 36 pilotos e colaboración nas carreiras que se disputan nas distintas comarcas.

Inscricións do 20 de xuño ao 6 de xullo

O prazo para enviar os formularios de inscrición abriuse esta mañá e remata o 14 de ás 13.00 horas. As solicitudes, que estarán dispoñibles na web de PTC Escuela, deberán enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com.

Entre os requisitos de participación, figuran os seguintes:

– Ter entre 18 e 32 anos na data de celebración da selección (16 e 17 de agosto de 2023).
– Estar empadroado/a en calquera dos municipios da provincia de Lugo, con anterioridade ao 31 de agosto de 2023.
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos de calquera trofeo, copa ou campionato de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, nos últimos 8 anos (2016-2023 ámbolos dous incluídos).
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos da xeral na clasificación final de calquera evento ou proba de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, nos últimos 8 anos (2016‐2023, ámbolos dous incluídos).
– Non ter gañado ningunha edición do denominado “Volante Deputación” ou outra selección de pilotos celebrada nos últimos 11 anos. (2012‐2022, ámbolos dous incluídos)

A inscricións dos participantes do Volante Deputación farase por orde de recepción do corre electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento, ata cubrir as 160 prazas dispoñibles.

Exit mobile version