Site icon Crónica3.com A Mariña

A ocupación hoteleira na provincia durante o mes de agosto superou unha media do 90 %

Lugo, 31 de agosto, 2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de agosto, no que se alcanzou unha media dun 90,3 % de ocupación.

A Ribeira Sacra foi a área da provincia con máis visitantes, xa que os establecementos lograron de media un 97 % de ocupación. A Mariña chegou ao 92 % e Lugo alcanzou un promedio do 82 %.

Desta maneira, as cifras rexistradas superaron en gran medida ás do mes de xullo, no que as medias estiveron nun 72 % na Mariña, nun 78 % en Lugo e nun 85 % na Ribeira Sacra.

Os hostaleiros consultados sobre este balance do verán coinciden á hora de afirmar que a maior afluencia de visitantes concentrouse durante as fins de semana próximas ás pontes de Santiago e do 15 de agosto. Moitos deles tamén afirman que de cara ao mes de setembro o perfil dos turistas mudará e que volverá o turismo ligado ao Camiño de Santiago, con máis turistas estranxeiros.

Para o mes de setembro, a Apehl prevé que se chegue a unha media de ocupación en toda a provincia que supere o 70 %.

Exit mobile version