A investigada é unha veciña de Lourenza de 37 anos de idade. Os feitos tiveron lugar no primeiro semestre deste ano, onde a investigada supostamente subtraiu diversas cantidades de diñeiro pertencentes a un familiar de avanzada idade, quen os tiña depositados nunha entidade bancaria da Mariña. O modus operandi consistía en dar de alta a banca electrónica da conta bancaria, apropiándose do diñeiro mediante reintegros en efectivo e compras por internet por un total de 20.000 euros. A persoa investigada foi posta ao dispor xudicial.