Mondoñedo, 4 de agosto de 2023. A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño de Lourenzá, de 58 anos de idade, como suposto autor dos delitos de violencia doméstica, acoso, ameazas e contra a seguridade viaria
Os axentes trasladáronse ás inmediacións do domicilio da vítima tras ter constancia que de que o presunto infractor atópase no lugar. Este ao observar a presenza policial fuxiu no seu vehículo, non deténdose ata a chegada á vivenda que ocupa na actualidade, onde tratou de esconder un arma de fogo entre a maleza. Comprobouse que dita escopeta ao ser recuperada estaba municionada con tres cartuchos.
Ao presentar síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos do alcol, fóronlle realizadas as probas de alcoholemia, lanzando unha taxa de 0,75 miligramos.
Así mesmo, intervíronse no interior da vivenda outras tres armas longas de fogo e munición diversa.
A persoa detida foi posta a dispor xudicial.