Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación súmase á homenaxe que Pol rende aos emigrantes na Carballeira de Mosteiro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves xunto ao Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, á XXXVIII Festa ó Emigrante da localidade, que reuniu a miles de persoas na Carballeira de Mosteiro nunha xornada festiva e de confraternidade. Esta cita rende “unha merecida homenaxe á veciñanza que tivo que emigrar e fomenta o arraigo a esta vila deles e dos seus descendentes, así como un orgullo de pertenza”, sinalou o representante provincial. Ademais trátase dunha celebración que impulsa económica e socialmente a localidade, factores que a Deputación de Lugo busca reforzar. Nesta edición foi a profesora Hortensia Díaz Blanco a encargada de ofrecer o pregón.

Exit mobile version