Foz, 16 de agosto. Os días 17, 18 e 19 de agosto terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Nesta campaña daranse cita 36 negocios, que ofrecerán descontos especiais durante esas xornadas. En caso de mal tempo, as promocións realizaranse no interior.
Os negocios que sacarán os seus produtos ao exterior son: 5 lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, Ofifoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo Te Mimo.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar os últimos artigos de tempada e para a volta o cole a prezos moi interesantes”.
No acto de presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.
AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.