Esta semana dentro dos Mércores de Natureza unha actividade moi seguida nos últimos anos: A Xeoruta por Ponte Segade. Trátase dun percorrido guiado polo xeólogo Fran Canosa pola zona sur do municipio do Vicedo, en Ponte Segade. A hora de quedada é ás 10h da Casa da Cultura ou ás 10:30h na Área Recreativa de Ponte Segade (Mañón). O desprazamento farase en coches particulares e ten unha duración total dunhas 3-4 horas. Quedan poucas prazas pero aínda poden inscribirse no 982 59 01 95. Actividade gratuita.
Xeoruta por Ponte Segade nos Mércores de Natureza do Vicedo