Site icon Crónica3.com A Mariña

Varios socorristas rescataron a un home que caeu ao mar en Foz

Foz, 3 Xullo, 2023. O varón precipitouse á auga desde unha zona rochosa, na praia da Rapadoira.

Os socorristas rescatárono do mar, consciente. Posteriormente, foi atendido polos servizos sanitarios, xa que que sufrira un golpe na cabeza e tragara algo de auga. Logo de ser valorado, o home foi trasladado a un centro hospitalario nunha ambulancia.

Os feitos sucederon ás 14:45 horas desta tarde. Varias persoas que se atopaban na praia comunicaron a situación do home ao 112 Galicia, nese momento. Segundo indicaban, uns socorristas intentaban rescatar ao home do mar.

A partir de aí, con estes datos, desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Exit mobile version