Neste encontro coa xunta directiva de Galicia Baleira, José Ramón Gómez Besteiro estivo acompañado por outros membros da candidatura socialista e por catro concelleiros de Pol, entre os que estaba Marina Ramudo, número 2 ao Senado
Gómez Besteiro, acompañado por outros membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado como César Mogo, Patricia Otero, Marina Ramudo ou Eduardo Vidal, recibiu o aplauso de Galicia Baleira cuxos representantes destacaron a súa “capacidade de escoita e as súas achegas” fronte ao silencio “doutros como Rueda ou Ana Pontón, dos que non sabemos nada a pesar de nosas reiteradas peticións de reunión”.
Galicia Baleira entregou ao número 1 ao Congreso por Lugo un manifesto/resumo coas súas principais peticións, moitas delas recollidas no programa socialista da campaña 23X como a implantación de servizos básicos de calidade accesibles e a 30 minutos máximo do mundo rural, máis innovación e mellores oportunidades e mellor atención ás persoas maiores ou programas de arraigamento para ou asentamento de novas familias.
Así mesmo, Besteiro lembrou ou apaoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, a pesar do que queren a dereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
Asimismo, Besteiro lembrou o apoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, pese a o que queren a dereita e a ulttradereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
O candidato rematou a súa intervención pedindo o voto para os socialistas no 23X “porque só nós defendemos un rural no que se poda traballar e vivir”.
Visita Queixería Don Crisanto e reunión con empresarios da Terra Chá
Trala reunión con Galicia Baleira, os candidatos, acompañados pola subdelegada provincial do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, visitaron a Queixería Don Crisanto, empresa familiar fundada nos anos 60 por unhha muller e que a día de hoxe é un exemplo de modernidade sen abandonar o seu labor artesanal. Posteriormente os socialistas mantiveron unha comida de traballo cos representantes da Asociación de Empresarios de Terra Chá.