Arias destacou que a cita colle máis pulo cada ano “grazas ao impulso do Concello e dos veciños do Vicedo, así como das asociacións que se involucran ao máximo para que cada edición sexa mellor”. Apuntou que as festas de recreación histórica “non só lle dan proxección ao patrimonio cutural, paisaxísico e gastronómico dun territorio, senón que van máis aló, por ese carácter de identidade e de posta en valor da historia que nos define”.
O pregón da actriz Isabel Blanco abre o programa mañá ás oito e media da tarde no exterior da Casa da Cultura do Vicedo. As actividades incluirán o tradicional desembarco viquingo e os combates entre as tropas viquingas e cristiás, ademais de desfiles, batallas, comida campestre, vodas e enterramentos viquingos e actuacións musicais.