ASPECTOS OPERATIVOS DESTACADOS A TRABALLAR
No noso afán por enxalzar e dar a coñecer a nosa nobre arte marcial como é o Taekwondo, embarcámonos neste proxecto, emprazando a novos participantes para iniciar o seu practica e ter coñecementos históricos e prácticos, promovendo a igualdade de xéneros e a conciliación familiar, tan necesaria no noso tempo postpandemia e crise económica, en colaboración con Concellos, Asociacións e outros organismos sociais.
É por iso que hoxe presentamos no Concello de Mondoñedo este campus de Taekwondo, na devandita presentación contamos coa presenza de don Manuel Otero Méndez (Cadramón) Xefe Provincial Servizo de Deportes Xunta de Galicia, Don Manuel Tapia Rivera, Concelleiro de Deportes, Don Raúl Redondo, técnico de deportes deste Concello e Don Juan Carlos Quintana en representación da Federación Galega de Taekwondo e Club Taekwondo Vilalba Jansu.
Este Campus de Taekwondo vai destinado a nenos entre 3 e 16 anos, e realizásese entre os meses de Agosto e Outubro, o curso será a custo cero para todos os participantes e para anotarse ao campus deberán facelo no propio Concello.