José Antonio Álvarez puxo en común cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das tres provinciais -A Coruña, Lugo e Pontevedra- as principais liñas de actuación do ente dependente da Consellería do Mar así como as problemáticas e necesidades dos colectivos profesionais de cada zona. Nesta liña, ambas partes coincidiron na evolución positiva das instalacións portuarias e na vontade de seguir traballando conxuntamente para avanzar nesa tendencia.