Foz, 12 de xullo de 2023. O cabeza de lista ao Senado, César Mogo, e a número 2 ao Congreso, Patricia Otero, xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, mantiveron onte no Hotel de Isla Nova Foz un encontro con numerosos pensionistas da Mariña no que destacaron o aumento sen precedentes da súa paga, un 8,5%, “grazas ao Goberno de Pedro Sánchez recuperaron o poder adquisitivo ao cobrar unha media de 77 euros máis ao mes, un incremento que co PP tardaría máis de 30 anos en producirse se as pensións seguisen aumentando ao ritmo do 0,25% que aplicaba o Partido Popular”.
A multitudinaria reunión tamén contó coa asistencia da alcaldesa de Trabada, Mayra García; o alcalde de Alfoz, Jorge Val; e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.