Pasadas as 3:45 horas, o aviso chegaba ao 112 Galicia a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un traballador dunha planta de produción de metal situada no lugar de San Cibrao (Lieiro) sufrira un accidente co material que estaba a manipular, resultando atrapado.
Unha vez recibida a información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil, dos Bombeiros de Viveiro e do GES e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervo.
Os servizos de emerxencias traballaron durante varias horas para liberar ao ferido, que foi atendido no lugar e evacuado en ambulancia polo persoal sanitario.