Site icon Crónica3.com A Mariña

Os servizos de emerxencia rescataron a dúas persoas que practicaban “paddle surf” en Barreiros

Barreiros, 14 de xullo, 2023. Ocorreu na parroquia de Reinante, entre as praias de Coto e das Catedrais. Ambas persoas facían “paddle surf”, unha modalidade deportiva que se practica cun remo e unha táboa de surf. Foron rescatadas na zódiac dos socorristas de Barreiros.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través da chamada dun particular ás 12:30 horas. De inmediato, os xestores do 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

A continuación, o Servizo de Gardacostas de Galicia informaba da saída do helicóptero de rescate Pesca II, mentres que os socorristas de Barreiros saíron nunha zódiac, na que finalmente serían rescatadas ambas persoas e levadas á praia de Arealonga en bo estado de saúde.

Exit mobile version