Un operario da mesma cooperativa foi quen, ás tres e media desta tarde deu o aviso ao 112 Galicia. Indicaba que ardía unha nave, na LU-P4205, quilómetro 3, en Castro de Rei de Lemos, no concello lucense de Paradela. Aseguraba que os traballadores estaban fora da nave pero había perigo pola existencia de depósitos de combustible na zona.
Nada máis ter constancia do lume, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo no que participan os Bombeiros de Sarria, de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil. Igualmente foron informados os servizos sanitarios de urxencia, o servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o persoal do distrito provincial de incendios forestais, que mobilizou un axente e unha motobomba para dar apoio ás tarefas de extinción.
A esta hora, segundo a información recibida no 112 Galicia seguen no punto os os membros do GES de Monterroso retirando a palla almacenada no interior da nave e arrefriando as zonas afectadas.