José Ramón Gómez Besteiro, César Mogo e Patricia Otero participaron, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha das citas estivais máis destacadas deste concello da Mariña
Os socialistas apoian desde hai varios anos este evento, ao igual que o multitudinario festival de música celebrado a pasada fin de semana. En declaracións aos medios, tanto Gómez Besteiro como a alcaldesa María Loureiro destacaron a importancia deste tipo de celebracións “polo enorme impacto positivo na economía local, tanto para a hostalería como para os comercios de Viveiro” e animaron á xente a seguir gozando deste evento ata o domingo.
Tralo seu paso pola feira, os socialistas desprazáronse á praia de Covas para apoiar a representación do gran desembarco de Carlos V.