Un dos atractivos da Festa do Carme é a creación de alfombras florais por parte dos veciños. O traballo para confeccionalas prolongouse desde onte ata esta madrugada. Froito do esforzo colectivo, estas alfombras convértense nun dos aspectos distintivos da celebración.
A Festa do Carme, que tamén é a festa patronal da xente do mar, ten, ao igual que a pesca, unha grande importancia na comarca. De feito, a pesca, sector prioritario para os socialistas, recibe ano tras ano, a través do Goberno de España, importantes fondos europeos para desenvolver accións vinculadas á innovación e á promoción. Isto axuda á nosa frota a manter o seu liderado dentro da Unión Europea.