Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Trabada pon en valor a achega de 50.000€ da Xunta para actuacións de mellora na piscina municipal

O voceiro popular en Trabada, José María Fernández, destaca a importancia deste investimento, sobre todo tras ver como en oito anos de goberno socialista “non se preocuparon por realizar as melloras necesarias nesta instalación”

Trabada, 20 de xullo de 2023. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destacou a achega de 50.000€ da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións da piscina municipal do concello.

José María Fernández realza a importancia deste investimento do goberno galego despois de ver como en días pasados a alcaldesa de Trabada, Mayra García, denunciaba que esta instalación precisaba dunha intervención para renovar servizos. “Vemos como despois de 8 anos de goberno socialista en Trabada o único que fixo a alcaldesa foi queixarse, en lugar de buscar o financiamento necesario. Como sempre, ten que ser a Xunta a que veña a solucionar un problema creado pola falta de traballo do goberno socialista”, denunciou.

MÁIS DE 46.000 EUROS PARA O CONCELLO DE LOURENZÁ

Dentro da colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Lourenzá, acaba de concederlle unha axuda de máis de 38.500 euros para a reforma da instalación eléctrica do campo de fútbol municipal.

A maiores, o Concello de Lourenzá recibe unha axuda de deportes da Xunta por importe de máis de 7.700 euros para melloras de equipamentos no ximnasio.

Exit mobile version