O Partido Popular de Alfoz mantén que lle ofreceu a alcaldía a VIA durante as negociacións
“Co grupo municipal VIA mantivemos varias reunións, tanto na sede do Partido Popular de Alfoz como na casa da actual alcaldesa Doña Efigenia Maseda, nesta reunión acordouse por ambas partes enviar a nosa proposta, proposta que se enviou por escrito para que así quedara constancia da mesma e que calquera veciño pode comprobar”.
Nesta proposta ofrecéuselles a alcaldía para os 4 anos a cambio de 3 concellerías e media dedicación, proposta enviada e que rexeitaron, non por non ter tempo material para debatir a proposta, nós cremos que porque nós para eles nunca fumos unha alternativa para formar goberno.
Dende o Partido Popular de Alfoz, un mes despois da toma de posesión da alcaldía, cremos que xa SON MOMENTOS DE AVANZAR e de mirar por Alfoz e polos seus veciños, non serve de nada quedarse amarrado a situacións do pasado que xa non se poden cambiar.
Cremos que para VIA non é o momento de xustificarse ante os veciños, votantes ou mesmo ata xente da súa agrupación de algo que se puido facer e non se fixo. É o momento de traballar por Alfoz e polos seus veciños, que son os que realmente importan. Ten que demostrar que non elexir un cambio e manter a continidade no rumbo do Concello foi acertado.
“Nós, dende a oposición, seguiremos traballando polo cambio que tanto botan de menos os nosos veciños, por mellorarlles o seu día a día e mellorar Alfoz en xeral”.