O Partido Popular de Alfoz mantén que lle ofreceu a alcaldía a VIA durante as negociacións
Alfoz, 14 de xullo de 2023. Logo das publicacións aparecidas en prensa do grupo municipal VIA, xustificando o seu pacto e indicando os acordos para a formación do goberno, dende o Partido Popular vémonos na obriga de aclarar a situación.
“Co grupo municipal VIA mantivemos varias reunións, tanto na sede do Partido Popular de Alfoz como na casa da actual alcaldesa Doña Efigenia Maseda, nesta reunión acordouse por ambas partes enviar a nosa proposta, proposta que se enviou por escrito para que así quedara constancia da mesma e que calquera veciño pode comprobar”.
Nesta proposta ofrecéuselles a alcaldía para os 4 anos a cambio de 3 concellerías e media dedicación, proposta enviada e que rexeitaron, non por non ter tempo material para debatir a proposta, nós cremos que porque nós para eles nunca fumos unha alternativa para formar goberno.
Dende o Partido Popular de Alfoz, un mes despois da toma de posesión da alcaldía, cremos que xa SON MOMENTOS DE AVANZAR e de mirar por Alfoz e polos seus veciños, non serve de nada quedarse amarrado a situacións do pasado que xa non se poden cambiar.
Cremos que para VIA non é o momento de xustificarse ante os veciños, votantes ou mesmo ata xente da súa agrupación de algo que se puido facer e non se fixo. É o momento de traballar por Alfoz e polos seus veciños, que son os que realmente importan. Ten que demostrar que non elexir un cambio e manter a continidade no rumbo do Concello foi acertado.
“Nós, dende a oposición, seguiremos traballando polo cambio que tanto botan de menos os nosos veciños, por mellorarlles o seu día a día e mellorar Alfoz en xeral”.