Site icon Crónica3.com A Mariña

O III Encontro de Cultura marítima da Mariña terá lugar o 22 de xullo en Foz

Viveiro, 3 de xullo, 2023. Dende o Vivemar levan tempo adicando enerxía e esforzo en artellar as ferramentas e procesos necesarios para conservar e dinamizar o legado da cultura marítima da comarca da Mariña.

Dándolle continuidade ao II Encontro de Cultura marítima que organizaron en San Cibrao no pasado mes de marzo, desta volta a sesión colectiva de traballo terá lugar no Cinema do Concello de Foz. Este terceiro encontro é unha acción resultado do acordado entre todas e todos os asistentes individuais e colectivos ao encontro de marzo como proxectos a desenvolver.

Desta volta o encontro deseñouse como xornada técnica con sesións de traballo onde haberá tres comisións, unha adicada ás embarcacións tradicionais, outra ao patrimonio construido e a terceira ao patrimonio inmaterial. Aproveitando os diversos e interesantes recursos existentes en Foz, os asistentes poderán coñecer parte deste patrimonio marítimo tanto do porto de Nois como do de Foz da mán de Antón Niñe e a Sociedade Cultural A Rula de Foz como bos anfitrións e coñecedores na materia. Sen faltar a parte experiencial e lúdica, nesta ocasión achegándonos ben de preto á navegación nunha traíña como embarcación tradicional do cantábrico galego.
Programa do encontro

Programa:

10.00 h. Recepción participantes:

10.15 h. Traballos de posta en común para a realización do Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego.

10.30 h. Comisións de traballo.
Embarcacións
Coordina: Daniel García Níñez

Patrimonio construido
Coordina: Antón Mascato

Patrimonio inmaterial
Coordina Lucas Requeixo

12.15 h. Pausa café.

12.30 h. Posta en común das comisións.

13.00 h. Presentación nº 15 de Nova Ardentía. Emilio Insua, coordinador da revista e Antón Mascato do consello de redacción

13.20 h. Os Encontros de embarcacións de Sada 2023. Membros da comisión organizadora

13.40 h. Outras propostas de dinamización

14.00 h. Xantar. Obrigado inscribirse

15.30 h. “O Mar en Foz” por Antón Niñe e visita guiada á exposición de Artes e Aparellos no Cenima. Coordina Sociedade Cultural A Rula de Foz

16.30 h. Experiencia en Traiña, no porto de San Xiao. Coordina Daniel García Níñez.

17.20 h. Visita guiada ao portiño de San Xiao e á Salgadeira de San Xiao coordinado por Manuel Lara, de Culturmar e Buxa.

18.00 h. Fin da xornada, calendario próximas actividades, despedida e entrega de documentación.

Organiza: Vivemar.

Responsables: Lucas Requeixo, Daniel García Níñez e Antón Mascato.

Coorganiza: Culturmar. Federación de Asociacións pola Cultura marítima e fluvial.

Exit mobile version