Site icon Crónica3.com A Mariña

O Foro Social da Mariña promove unha mesa redonda sobre feminismo e inmigración en Viveiro, este xoves

Viveiro, 10 de xullo, 2023. O Foro Social da Mariña, nestes tempos de medranza dos discursos de odio, do maniqueísmo e do populismo, no que se están a cuestionar de xeito despectivo e agresivo valores e dereitos impulsados por movementos sociais como o feminismo ou de organizacións que traballan a prol da mellora das condicións de vida de persoas vulnerábeis, quere someter a debate a problemática que atinxe aos dereitos da muller na perspectiva da construción dunha sociedade en igualdade e a problemática da inmigración poñendo sobre a mesa cuestións vinculadas coas relacións interculturais e tentando de desenmascarar os discursos racistas e discriminatorios; que colocan a estes colectivos na posición de chibos expiatorios nos momentos de crise e involución.

MESA REDONDA

Relatoras: Feminismo: Uxía Treitas barrio, graduada en Belas Artes, do Observatorio da Mariña pola Igualdade ( OMI ). Inmigración: Josehanna Ledesma, técnica de Accem no proxecto SINRACXEN. (programa de sensibilización contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia asociadas).
Moderadora: Lucía Oca González, antropóloga, docente e investigadora na USC.
Lugar e data: Sala multiusos do Concello de Viveiro. 13 de xullo 2023, ás 20 horas.

Exit mobile version