A Mariña, 15 de xullo, 2023. O dereito á alimentación, ecoloxía e enerxía serán os temas a tratar na próxima palestra do Foro Social da Mariña en Burela.
Poñentes:
Dereito á alimentación: Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego ( SLG ).
Ecoloxía e Enerxía: Xoán Doldán García, profesor de economía aplicada da USC e ex–director do INEGA.
Moderador: Xosé Luis Fernández Rivera, membro do Foro Social da Mariña.
Lugar e data:
Salón de actos da Confraría de Burela. 18 de xullo de 2023, ás 20 horas.
O FORO SOCIAL DA MARIÑA aborda nesta palestra o tema da chamada transición enerxética e os distintos proxectos programados no noso territorio (eólica, eólica mariña, solar, hidróxeno, etc.), e o papel do ecoloxismo no momento actual; nun momento no que se intenta enganar á sociedade culpabilizando ao movemento ecoloxista para xustificar proxectos con grandes impactos que responden ao interese do gran capital. Asemade debaterase sobre o acceso da poboación a unha alimentación saudable e nutritiva, a produción de alimentos no noso territorio e o abandono do rural.