Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, fixo hoxe unha visita institucional ao Concello de Viveiro onde mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa, María Loureiro

Ambos repasaron, xunto coa subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, os investimentos do Goberno no municipio mariñán e as iniciativas locais para os vindeiros meses. Durante a reunión, o delegado trasladou á rexedora a solución do Goberno ao proxecto de desafección de terreos de dominio público marítimo terrestre e cesión da titularidade a favor do Concello de Viveiro. Concretamente, son 18.000 metros cadrados de varias parcelas afectadas por deslindes aprobados nos anos 1996, 1997 e 1999 e que están situadas xunto ao paseo marítimo, entre elas a explanada da variante.

Exit mobile version