Site icon Crónica3.com A Mariña

O condutor dun tractor foi trasladado nun helicóptero medicalizado logo de caer do vehículo na Fonsagrada

O sinistro produciuse nun camiño de terra do pobo da Pastoriza, na parroquia de Bruicedo. Ata alí acudiron os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pastoriza, que confirmaron ao 112 Galicia que o home estaba accesible e que, tras recibir os primeiros auxilios no lugar dos feitos, fora evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao centro hospitalario de referencia. Tamén foron mobilizados desde o 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Sarria, aínda que a intervención dos efectivos de salvamento descartouse tras coñecerse que o condutor do tractor estaba liberado.

Exit mobile version