As bases reguladoras destas axudas son as publicadas o 15 de marzo de 2021 no Diario Oficial de Galicia: Resolución do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen para a adquisición de vivenda nos centros históricos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
O obxeto destas axudas é favorecer o asentamento de nova poboación nos conxuntos históricos, independentemente da súa idade, contribuíndo á dinamización social, económica e patrimonial destes ámbitos.
Poden ser beneficiarios as persoas físicas maiores de idade que cumpran certos requisitos como ter uns ingresos inferiores ó 6,5 IPREM; non ter vivienda en propiedade, non ter débedas coas administracións e ter subscrito con posterioridade ao 15 de novembro de 2022 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que estea ubicada no espazo delimitado polo Plan especial de protección e reforma interior do casco antigo, aprobado definitivamente o 7 de agosto de 1997 (xúntase plano) e ser destinadas a vivenda habitual e permanente entre outros requisitos.
Tamén poderán ser persoas beneficiarias destas axudas aquelas persoas que presentasen unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en centros históricos ao abeiro da Resolución do 12 de xaneiro de 2022 e lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto na convocatoria. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados , excepto o referido á data de adquisición da vivenda.
As axudas poderán ser de máximo o 20% do importe da vivenda, con un límite de 10.800 euros para os maiores de 35 anos e de 12.800 euros para os menores de 35 anos
O prazo de solicitude remata o día 2 de outubro de 2023 e en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario .
Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.