Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz clausurou este venres o II Certame de Teatro Afeccionado Jose Luis López Lorenzo (O Poto), coa entrega de premios

Foz, 3 de xullo de 2023. Este pasado venres celebrouse na Casa da Cultura de Foz a gala de entrega de premios do II Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo (O Poto). Nela foron desvelados os gañadores das diferentes categorías e contou con dúas mestras de cerimonias moi especiais: as actrices moi coñecidas do panorama artístico galego e nacional Iolanda Muíños e Carmen Méndez.

O reparto de premios quedou como segue:

Premio á mellor posta en escena: Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Premio á mellor dirección: Paco Luna, por Vacacións, de Atequerrete Teatro.

Premio á o mellor guión: Manuel Núñez Singala e Paco Luna, por Desaquelando, do grupo Teatro Pesadelo.

Premio á mellor actriz: Betty Couce, por Marina en Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Premio ao mellor actor: Ramón Ángel Ares, por O documento, do Colectivo Cultural Ollomao.

Segundo premio á mellor representación: O documento, do grupo de teatro do Colectivo cultural Ollomao.

Primeiro premio á mellor representación: Nin o demo entende ás mulleres, do grupo de teatro Asociación Cultural Pedroso.

Os premios foron entregados polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira Inés López Couto.

O rexedor municipal mostrouse “encantando coa participación e espero que o ano que ven poidamos desfrutar de máis teatro afeccionado de tan boa calidade coma o desta edición.”

Exit mobile version