Lugo, 18 de xullo, 2023. Esta mañá o candidato de SUMAR ao Congreso dos Deputados, José A. rodríguez Añón, reuniuse cos responsables da Federación Galega de Comercio. Durante a reunión, os responsables da FGC trasladáronlle ao candidato de SUMAR iniciativas que consideraban claves para salva ao comercio de Lugo e de Galicia en xeral. Entre elas están a regulación duns períodos de rebaixas que só favorecen aos grandes e xeran unha competencia desleal, recuperar o diálogo social nas diferentes Mesas de Comercio existentes e sen actividade desde a súa creación como foro de discusión de iniciativas, o apoio da Xunta nas diferentes iniciativas que o pequeno comercio propón como os bonos de comercio, ou analizar a posibilidade de aumentar a carga impositiva ao comercio on-line.
A maiores xurdiron temas como o da competencia desleal das grandes superficies comerciais baseada na explotación de terceiros, o apoio desproporcionado da Xunta a estes macrocentros fronte ao pequeno comercio, ou o tema da cotización e as pensións para os comerciantes.
José Antonio trasladoulles a súa visión dun comercio máis local fomentando a economía circular e axudando a creación dun tecido industrial primario, a necesidade de contar con infraestruturas que permitan a creación de riqueza apegada a territorio, a potenciación de calquera iniciativa que salve ao comercio local como mostra de saúde das nosas cidades, ou iniciativas que permitan afrontar os novos retos do turismo masivo e dinámicas poblacionais novas.
O comercio local é un dos síntomas máis visibles da saúde dunha cidade. Fora xa deste ámbito o candidato de SUMAR quere aproveitar o momento para desculparse de todas e todos as veciñas e veciños de todas a vilas da Provincia de Lugo cas que non poderá conversar por mor do tempo de campaña e a imposibilidade material de poder visitalos. José Antonio Rodríguez, convencido que a política útil e a política que chega ao cidadán, está convencido de poder visitalos cando acade o escano de Deputado xa que en palabras do candidato, é para o que me elixirán, para levar a súa voz e os seus problemas e ilusións a Madrid.