Site icon Crónica3.com A Mariña

O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, votou este domingo pola mañá no Cine-Teatro de Ribadeo

Castro afirmou que a xornada de hoxe será “histórica para a provincia de Lugo” e chamou a unha gran participación. “Lanzamos a todas o chamamento para que veñan a votar, é un momento decisivo para que a voz das galegas e galegos se teña en conta en Madrid”, dixo Daniel Castro. O candidato do BNG transladou “un saúdo e ánimo ás persoas que toman parte nas mesas electorais e as apoderadas e interventoras, e aos medios de comunicación” para o que queda de xornada electoral.

Exit mobile version