Nesta festa de peche de campaña estarán presentes o cabeza de lista por Lugo e actual deputado no Parlamento, o ribadense Daniel Castro, así coma o resto de mariñaos e mariñás que completan as listas do Congreso e o Senado.
Desde o BNG convidan a asistir a todos os mariñaos e mariñás a este acto lúdico, musical e gastronómico donde se pode disfrutar dun produto de temporada como é o chicharro lañado, que forma parte da tradición culinaria de Foz. Na tarde de hoxe procedeuse á limpeza e ao lañado e salgado dos chicharrros, tarefa na que participan os membros do Bng de Foz e veciños expertos na labor.
O voto útil: o voto ao BNG, que na Mariña vale por tres
Para o BNG a data do 23 de xullo vai ser determinante para o futuro da Mariña, pois esta formación está a piques de conseguir por primeira vez un deputado pola circunscrición de Lugo, un deputado coñecedor e defensor da Mariña como demostrou xa no Parlamento de Galicia.
Nestas eleccións nas que se fan contínuas apelacións ao voto útil, desde o BNG recordan que o voto nacionalista serve para frear á dereita, para que Galiza e Lugo conten, e para romper o illamento ao que os sucesivos gobernos estatais someteron á Mariña en materia de infraestruturas encamiñando á comarca a ser un deserto industrial.
Manifestación nacional Día da Patria Galega, 25 de Xullo
O 25 de xullo terá lugar en Santiago, con saída da Alameda a manifestación nacional do Día da Patria Galega. Haberá servizo de buses gratuito, e o tfno de contacto para anotarse é o 982140654 ou ben o correo amarinha@bng.gal