Ribadeo, 24 de xullo de 2023. Máis de 90 nenas e nenos participan nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. Foi clausurada a de surf e segue a de piragüismo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “estivemos na clausura da escola municipal de surf. Desde o Concello queremos agradecer a todos eses monitores que cada verán desenvolven un traballo excepcional ensinándolles aos máis pequenos novos deportes nos que divertirse e poder practicar nun futuro, xa que quizais sen estas escolas non poderían acceder a eles”.
En xuño tivo lugar a escola de vela e estes días rematará a de pesca deportiva. Está pendente de inicio a de skate.