Site icon Crónica3.com A Mariña

José Antonio Rodríguez Añón, veciño de Viveiro, é o cabeza de lista de SUMAR ao Congreso pola provincia de Lugo

A Mariña, 12 de xullo, 2023. A partir do anuncio oficial da convocatoria das eleccións xerais, o Movemento SUMAR dedicouse a fortalecer o espazo que as esquerdas máis progresistas ocupan en Galicia e crear un proxecto de unidade para facer valer o que nos une, que é máis que o que nos separa, e traballar arreo para facérmonos cos catro escanos que se reparten na provincia de Lugo, co obxectivo de continuar traballando para que ou resultado destas eleccións non conleve máis recortes nos servizos públicos, o retroceso nos avánces de dereitos dás mulleres e dos colectivos máis vulnerables ou abandono de políticas de sustentabilidade ambiental, entro outros.

Na provincia de Lugo e para o Congreso, o listaxe da coalición de esquerdas está liderada por José Antonio Rodríguez Añón: nado na Coruña en 1966, é mariñao de adopción, este veciño de Borreiros, na Parroquia de Santa María de Galdo é Profesor Titular e Investigador da USC dende 1995. Casado e con dous fillos, a súa vida profesional centrouse sempre en temas relacionados coa sustentabilidade de sistemas agroforestais, e máis concretamente os últimos dez anos en temas de transición ecolóxica. É o responsable do único Máster en España en enerxías renovables, cambio climático e sustentabilidade. Entre as súas afeccións destacan o deporte e a horta, os paseos polo monte e a participación en actividades sociais.

Independente, sen afiliación política, é candidato de SUMAR á Provincia de Lugo por convicción. Entende a política como unha forma de actuación para mellorar a vida das persoas e asegurar o futuro das xeracións vindeiras. Defende o dereito á liberdade e o respecto como dogmas principais na súa vida, valores que considera que só SUMAR representa na actualidade, motivo polo cal aceptou ser cabeza de lista para o Congreso dos Diputados.

Acompañan a Rodríguez Añón nesta campaña Ximena Cheda Túa, Carla Varela Porto e Orlando Gregorio Álvarez Álvarez: “Todos e todas nós cremos e loitamos pola xustiza social, temos claro que non queremos habitantes de primeira e de segunda e imos estar onde necesítasenos, traballando para solucionar os problemas reais dá xente”.

Exit mobile version