O xogador cordobés vén de xogar en Primeira División co equipo andaluz pero tamén formou parte dun dos grandes, o Pozo Murcia
O xogador andaluz vén ao Pescados Rubén con moitas ganas, “Burela é un equipo histórico e creo que a calquera lle gustaría xogar alí. É un equipo que xa o ano pasado estivo a un pasiño de ascender e é un proxecto ambicioso”. Con boas expectativas, “A miña intención é aportar na faceta goleadora xa que é o que se lle pide a alguén da miña posición. Considérome un xogador de equipo que o deixa todo na pista e que se sacrifica polos seus compañeiros para axudar todo o posible. Espero recuperar a ilusión aquí en Burela, xa que levo dous anos nos que as cousas non me saíron como esperaba en Córdoba”. E déixanos unha mensaxe para a afección laranxa “Para a afección dicirlle que espero que lles deamos moitísimas alegrías e que vibren en Vista Alegre cada fin de semana para que xuntos cheguemos a conseguir o obxectivo”.
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, confía na eficiencia desta nova fichaxe, “é un xogador que tamén competiu tanto en Segunda como en Primeira División, da que provén. Coñece perfectamete a categoría e seguro que se adapta pronto, contamos con el como activo para reforzar o ataque do noso equipo”.