Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez resalta en Burela o traballo da frota e o impulso económico do bonito para a Mariña

Burela, 26 de xullo de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, xunto á alcaldesa de Burela, Carmela López, resaltou hoxe o traballo da frota pesqueira e o impulso económico que aporta o bonito do norte á comarca da Mariña. Fíxoo durante a presentación este mércores na Casa do Concello burelesa da XXXVII Feira do Bonito e Produart, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Isabel Rodríguez afirmou que este pescado azul “é un sinal de identidade de Burela” e felicitou á rexedora por organizar un ano máis unha cita referente na Mariña, na que se repartirán máis de 3.500 quilos de bonito, “que servirá de escaparate para mostrar a nosa cultura gastronómica e poñer en valor a pesca tradicional dos nosos pescadores”. Durante o acto, varios cociñeiros da provincia realizaron un show cooking con diferentes elaboracións na que o protagonista foi o bonito e que puideron degustar os numerosos veciños e veciñas que se achegaron á demostración.

Exit mobile version