Burela, 26 de xullo de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, xunto á alcaldesa de Burela, Carmela López, resaltou hoxe o traballo da frota pesqueira e o impulso económico que aporta o bonito do norte á comarca da Mariña. Fíxoo durante a presentación este mércores na Casa do Concello burelesa da XXXVII Feira do Bonito e Produart, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Isabel Rodríguez afirmou que este pescado azul “é un sinal de identidade de Burela” e felicitou á rexedora por organizar un ano máis unha cita referente na Mariña, na que se repartirán máis de 3.500 quilos de bonito, “que servirá de escaparate para mostrar a nosa cultura gastronómica e poñer en valor a pesca tradicional dos nosos pescadores”. Durante o acto, varios cociñeiros da provincia realizaron un show cooking con diferentes elaboracións na que o protagonista foi o bonito e que puideron degustar os numerosos veciños e veciñas que se achegaron á demostración.
Isabel Rodríguez resalta en Burela o traballo da frota e o impulso económico do bonito para a Mariña
Isabel Rodríguez resalta en Burela o traballo da frota e o impulso económico do bonito para a Mariña
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña