Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez pon en valor na Festa da Merluza de Celeiro o traballo dos pescadores para poder degustar un produto de excelente  calidade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiron á XXIV edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro na que a subdelegada puxo en valor aos pescadores que cada día traballan na mar para poder degustar un produto de excelente calidade, tendo un impacto social e económica para a zona. A cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia permitiu aos asistentes catar unha gran variedade de pratos nos que a merluza foi a gran protagonista repartíndose máis de 2.000 racións.

Exit mobile version