O popular lembrou unha das medidas do programa electoral do PP como a tarifa 0 a autónomos durante o primeiro ano de actividade, que se unen a outros apoios administrativos e de financiamento
Conde destacou estes polos como “un apoio fundamental para o desenvolvemento de proxectos que xeren emprego de calidade e, ao mesmo tempo, contribúan a xirar poboación no rural”. Nese sentido, avanzou que “o Partido Popular seguirá impulsando iniciativas para favorecer o emprendemento dende o Goberno de España en coordinación coas comunidades autónomas” e reafirmou “o firme compromiso de Feijóo” co emprendemento: “non só co apoio á tramitación administrativa, senón tamén impulsando medidas que faciliten o financiamento e favorezan a contratación de empregados”. De feito, “unha das principais medidas do programa electoral é a tarifa 0 para os autónomos no primeiro ano de actividade”.
“Facilitar o emprego é a mellor política social que pode impulsar un Goberno”, segundo manifestou Elena Rivo, que considera que “o emprego abre as portas do benestar”. Nese sentido, a responsable de Promoción do Emprego e Igualdade do Goberno galego resaltou que “o exemplo da política laboral en Galicia estenderase a toda España se o domingo gana Alberto Núñez Feijóo”.