A tenente de alcalde do concello de Loktudi (en representación do alcalde), Maryce Bernicot pronunciou unhas palabras en recoñecemento da fonda amizade e intercambio vivido por Ribadeo e Loktudi ao longo destes anos. Na vila bretoa desexan continuar con esta experiencia de intercambio cultural. Pola banda galega, e no nome do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, léronse unhas verbas de recoñecemento de dito irmanamento e o desexo mutuo de continuar co mesmo.
Este sábado, 1 de xullo, varios veciños e veciñas de Ribadeo e Loktudi asistiron ao acto de inauguración dunha rúa que vai levar o nome de Ribadeo